O alcalde de Aranga, Alberto Platas, recibeu á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, que realizou unha visita ao concello na que destacou a importancia das actuacións levadas para garantir a calidade dos servizos municipais, como no caso da rehabilitación da casa consistorial, co fin de facilitar o confort dos usuarios que se achegan cada día a realizar os seus trámites á Casa do Concello.

Ademais destas actuacións na Casa do Concello, a Xunta tamén colaborou na reparación de camiños e, no marco do Fondo de Compensación Ambiental na ampliación das traídas de auga de varios núcleos, así como no mantemento da brigada ambiental, en conxunto cos concellos de Irixoa, Monfero e Vilarmaior

 Aprobeitando a súa visita o alcalde fíxolle chegar outras necesidades para as que se solicita o apoio da Xunta para beneficio dos habitantes do concello.

 

 

Espectáculo🎭 #Costureiras, onde Ángeles Goás e Caxoto fiarán unha historia con outra nunha adaptación exclusiva para o alumnado do CEIP A Castellana este venres 5 ás 15:30.
Actuación ó abeiro da Rede cultural daCultura da Deputación da Coruña@depucoruna
Concello de Aranga
Tarabela Creativa

Achegamos información e o modelo de solicitude sobre a exención no canon da auga e coeficiente de vertedura dirixida a paliar os efectos da covid-19 en determinados sectores

Poderán solicitar a exención do canon da auga e coeficiente de vertedura os titulares de consumos de auga nos seguintes establecementos, nos supostos en que visen diminuída significativamente a súa actividade:

 

a) Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, cafetarías e bares.

 

b) Establecementos de lecer e entretemento: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.

 

c) Hoteis e aloxamentos turísticos.

 

d) Albergues turísticos.

 

A acreditación desta circunstancia realizarase mediante declaración responsable contida no anexo de solicitude.

Máis información na seguinte ligazón

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=AU231C&ano=2021&numpub=1&lang=es